Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Novagalicia Banco grava impunemente as rúas de Galiza

Written By Dereitos Civís on 25/8/12 | 2:03

  • NGB grava a vía pública sendo unha actividade permitida únicamente aos Corpos e Forzas de Seguridade
  • NGB ten sucursais sen aviso no exterior de que é zona videovixiada
  • NGB non permite aos cidadáns exercer o dereito de aceso, rectificación e cancelación afirmando que só poderán ter acceso ás imaxes os Corpos e Forzas de Seguridade e a Xustiza
  • O Responsable de seguridade de NGB ten acceso ás imaxes gravadas cando a entidade afirma que soamente os Corpos de Seguridade e a Xustiza poden acceder as imaxes
  • NGB afirma que ten cámaras instaladas no seu exterior por ser unha entidade de crédito, sin embargo tamén ten cámaras nas súas fundacións e Escolas.
  • Unha sucursal con tres cámaras foi asaltada en dúas ocasión en poucos meses demostrando a falta de idoneidade dos dispositivos

Nun procedimento xudicial NGB buscou xustificar a instalación de videocámaras nas rúas de Galiza por mor afluencia de peregrinos, o feito de que Santiago sexa a capital de Galiza e, no seu día, o Ano Aanto.Sin embargo NGB ten cámaras instaladas en sucursais de cidade e vilas de todas as províncias gravando permanentemente a pesar de que a utilización de instalación de vídeovixilancia na vía pública resérvase exclusivamente ás Forzas e Corpos de Seguridade segundo a Lei Orgánica 4/1997.

Calquera persoa que é gravada por unha cámara de videovixiancia dispón dun dereito denominado dereito de acceso, rectificación e cancelación das imaxes gravadas. Isto débese a que as imaxes captadas polas cámaras seguen sendo un ben da persoa gravada e esta ten que autorizar a súa gravación.

Este é o motivo polo que a Axencia Española de Protección de Datos, por medio do artigo 3 da Instrucción 1/2006, esixe aos responsabeis que conten con sistemas de videovixiancia que cumpran có deber de información previsto no artigo 5 da Lei Orgáncia 15/1999. A tal fin deberán: a) Colocar, nas zonas de  videovixiadas, ao menos un distintivo informativo ubica nun lugar suficientemente visible, tanto en espazos aberto como pechados.

A mencionada entidade de crédito conta con avisos de zonas videovixiadas na entrada dalgunhas sucursais, noutras non, máis non están nas fachadas do edificio (para que os viandantes sepan que están sendo gravados), situación que se agrava cando a sucursal ten máis dunha fachada pois os viandantes que circulan por algunha fachada que non sexa a da entrada non gozan de ningún aviso de que están sendo gravados. Ademais o aviso que existe nalgunhas sucursais lembran QUE SE PODE EXERCER O DEREITO DE ACCESO, do que xa falamos, na Rúa Nova, 30 (A Coruña).

Sin embargo NGB, ademais de gravar as rúas de Galiza, considera que non ten porque facilitar este dereito (sobre o que avisa nalgunhas sucursais que se podemos exercer) ás persoas que son gravadas polas cámaras que ten instaladas nos seus edificios. A entidade de crédito considera que, como está obrigado por lei á instalación de cámaras (esa obrigación limítase a cámaras que visionen as súas sucursais e non autoriza a gravación da vía pública) e as gravacións realizadas polas mesmas, segundo o Regulamento de Seguridade Privada, articulo 120, "... estarán exclusivamente a disposición das autoridades xudiciais e das dependencias das Forzas e Corpos de Seguridade á que facilitarán inmediatamente aquel/as que se refira á comisión do feito delito", non ten porque facilitar o dereito de acceso aos cidadáns que así o soliciten.

Extracto da contestación remitida por NGB ás solicitudes de acceso as imaxes gravadas

Sendo contraditoria e reprochable a actitude de NGB, non é menos reprochable a actitude da AGPD que puxo grandes trabas para investigar á entidade por non permitir o acceso a imaxes gravadas polas cámaras exteriores das súas sucursais. A un dos solicitantesde acceso ás gravacións que non conseguiu exercer o seu dereito, a AGPD esixiu que demostrara que a entidade reicibira a solicitude antes de iniciar ningunha investigación e sin que a entidade tivera, sequera, que alegar a falta de recepción da carta certificada. Isto supuxo que o interesado tivera que solicitar e pagar unha certificación de correos de que NGB recibira a solicitude

Por outro lado, o artigo 112 do Reglamento de Seguridade Privada faculta ao Secretario de Estado de Seguridade para supostos supraprovinciais ou ao Delegado do Goberno para esixir ás empresas ou entidades privadas a adopción de todas ou dalgunhas das medidas de seguridade que se enumeran no propio artigo cando as circunstancias concorrentes (localización das instalación, concentración de clientes, volumen de fondos ou valores, etc.) o fagan necesario. Ni o Secretario de Estado ni o Delegado do Goberno esixiu a instalación das cámaras nos exteriores da sucursal de NGB, motivo polo que son cámaras instaladas pola mera vontade da empresa e non por unha obriga legal recollida no mencionado Regulamento sendo, polo tanto, cámaras ás que se lle aplica a normativa ordinaria. E ainda cando as cámaras fosen instaladas en base o artigo 112 do regulamnto de Seguridade Privada, esta norma, de rango inferior á lei, non pode impedir o dereito de acceso, rectificación ou cancelación das imaxes.

Asimesmo, o citado Reglamento, en canto a medidas de seguridade específicas dispón nos seus artigos 120.1.a) e f), o seguinte:
  1. Nos establecementos ou oficinasde entidades de crédito (NGB ten cámaras na súa Fundación e no Centro de Estudos que non son entidades de crédito) onde se custodien fondos ou valores, deberán ser instalados, na medida que resulte necesaria en cada caso tendo en conta as circunstancias enumeradas no artigo 112 deste reglamento e os criterios que se fixen polo Ministerio de Xustiza e Interior, escoitando á Comisión Central de Seguridade Privada. 
  •  Equipos ou sistemas de captación e rexistro, con capacidade para obter as imaxes dos autores de delitos contra as persoas e contra a propiedade, cometidos nos establecementos e oficinas que permitan a posterior identificación de aqueles, e que funcionarán durante o horario de atención ao público, sen que requiran a intervención inmediata dos empregados da entídade.

NGB, capta a nosa imaxe e considera que ten menos obrigas legais que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que están obrigados a facilitar o dereito de acceso, rectificación e cancelación das imaxes. Resulta ainda máis sorpreendente o feito de que NGB non facilite o dereito de acceso aos cidadáns porque, segundo a entidade de crédito, soamente estarán exclusivamente a disposición das autoridades xudiciais e das dependencias das Forzas e Corpos de Seguridade (algo que contrdice claramento os avisos que existe nalgunhas das súas sucursais); máis O RESPONSABLE DA SEGURIDADE DA ENTIDADE TEN ACCESO ÁS IMAXES. Por outro lado, NGB non aclara si as súas cámaras gravan máis alá das horas de oficina como limita o Regulamento de Seguridade privada.

Extracto de contrato da empresa encargada das cámaras onde afirma que a entidade pode exercer o dereito de acceso

En relación coa gravación da vía pública a "Agencia Española de Protección de Datos" afirma que:
  • As videocámaras non poderán captar imaxes das persoas que se encontre fora do establecimento xa que o tratamento de imaxes nos lugares públicos só se pode realizar, salvo que concurra autorización gubernativa, polas Forzas e Corpos de Seguridade. Desde o MpDC afirmamos que NGB non goza de autorización gubernativa para gravar a vía pública, incluso recibiu un oficio da Delegación do Goberno onde se lle indicaba que a instalación de vídeo cámaras na via pública ou cuxo campo de visión alcance a vía pública por particulares é unha actividade non está permitida e vulnera o disposto na Lei 4/97, de 4 de agosto.
  • Deberase cumprir co deber de informar aos afectados no modo previsto na Instrucción 1/2006 da AGPD. En concreto, colocar nas zonas videovixiadas ao menos un distintivos ubicad en lugar suficiente visible, tanto en espazos abertos como pechados. NGB dispón de oficinas nas que non consta ningunha sinal de zona videovixiada no seu exterior. Noutras contra cunha pequena sinal na entrada da sucursal que non permite que aquelas persoas que transiten pola rúa, ou xunto á fachada do edificio, de que están sendo gravadas. Incluso hai casos de edificios con varias fachadas nos que non hai ningunha sinal, e outros con dúas fachadas só teñen advertencia na entrada da oficina máis non en ningunha das fachadas
A actitude de NGB supón unha grave perturbación sobre os dereitos dos cidadáns pois, como queda claro, a normativa afirma que debe existir consentimento por parte da persoa gravada para que se proceda á gravación de imaxes. Este consentimento lógrase coa información suficiente de que se está gravando. Nembargante unha cámara que está enfocando á vía pública (algo que só está permitido aos corpos e forzas de seguridade do estado) non permite evitar a gravación a non ser que se cambie de beirarúa. Ademais ás cámaras de NGB son cámaras domo que non se visualizan facilmente e non existe aviso de zona videovixiada nas fachadas das sucursais, polo tanto non hai información suficiente. A pesar de todo isto, é o interesado que debe lograr unha relación de imaxes para demostrar que a cámara existe e enfoca a vía pública (imaxes con zoom e suficientemente claras), remitir unha solicitude certificada de acceso ás imaxes a Caixa Galicia e reclamar a correos unha certificación de que a carta foi entregada para poder reclamar  o dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Por outro lado, a instalación de cámaras de videovixianca nas fachadas dos edificios de NGB e absolutamente desproporcionada, a pesar de que é un establecimento de crédito, e vulnera a normativa vixente. Incluso podemos afirmar que as cámaras instaladas non lograron o efecto disuasorio previsto, tal e como se pode comprobar en algún dos exemplos expostos máis abaixo. A desproporcionada instalación de dispositivos na vía pública, medida que soamente realiza NGB en contra da práctica de outros bancos, semelle a unha entrega pola vía dos feitos da vixiancia das vías pública a unha entidade privada cando a mencionada vixiancia é obriga da Delegacións do Goberno.

Varias cámaras
O MpDC elaborou un video con imaxes das sucursais de NGB nos seguintes enderezos
  • Rúa Nova, 30. 15003 A Coruña
  • Cantón Grande, 21-24 (15003) A Coruña
  • Rúa Nova, 33 (15703) Santiago de Compostela
  • Avenida Rosalía De Castro, 89 (15701) Santiago De Compostela
  • Rua Ramón Cabanillas, 2-3 (32004) Ourense
  • Pontevea (15883) Teo
  • Rua Galeras, 7 -e Bajo (15705) Santiago de Compostela
No video pódese apreciar a cámaras domo instaladas nos exterior das mencionadas sucursais. Acercándose o suficiente podíase apreciar como algunhas das cámaras enfocaban ás beirarrúas e á rúas, Pódese ver como nas sucursais non existían sinais de zona videovixiada e, nalgunhas, existía un número realmente desproporcionada, incluso con 7 cámaras no exterior, a parte das cámara instaladas no interior. O efecto disuasorio que se afirma buscar con estes dispositivos quedaban completamente anulados coa ubicación que tiña algunhas destas cámaras que estaban semiocultas e o pouco impacto visual que teñen as cámaras domo.

A empresa instaladora mentiu nalgunha certificación afirmando que as cámaras son fixas cando nalgunhas fotos se poden comprobar que enfocan en distintas dirección en distintos días. Ademais, varias cámaras enfocan á vía pública cando a empresa instaladora afirma que soamente enfocan á fachada.



Praza de Galiza


A sede Central da antiga Caixa Galicia (agora NGB) conta con 5 cámaras de videovixiancia no seu exterior e que moitas veces non está enfocandas ás fachadas do edificio. Sin embargo pódese comprobar na foto 1 da mencionada sucursal como, ainda existindo dúas cámaras nunha fachada, hai unha pintada realizada con Spray amosando claramente que non cumple co principio de idoneidade para evitar actos deste tipo. Non hai ningunha advertencia de zonas vidovixiladas nas fachadas, que son tres, e apenas existe unha advertencia na entrada da sucursal. Este feito supón que os cidadáns que circulan polas outras dúas  fachadas (fotos 1, 6 e 12) non teñen ningunha posiblidade de saberen que están sendo gravado. Esta sucursal negouse a facilitar o dereito de acceso a imaxes gravadas polas súas cámara a pesar de que no cartel da entrada da sucursal infórmase da posibilidade de facelo e a dirección onde hai que remitir a solicitude. 

Rúa Ferrol



NGB afirma que hai tres cámaras na fachada da súa sucursal da Rúa ferrol. O MpDC soamente logrou encontra dúas. Esta é unha das probas máis obxectivas da impunidade de entidade e a neglixencia á hora de facer umplir a lei. A fachada do edificio onde están instaladas é curva e as cámaras enfocan directamente aos edificios que teñen enfrente como se pode comprobar nas fotos "cámara 1 (zona que grava)" e "cámara 2 (zona que grava)". Nunha das cámaras (foto cámara 2 b) pódese ver reflexado os edificios que teñen diante e cara onde a cámara está a gravar.

Por outro lado, non consta ningunha sinal de zona videovixiada en toda fachada (fotos" fachada sin avisos" de 1 a 5). Tan sequera na porta de entrada (fachada sin avisos 4). Sin embargo, NGB afirmou que existían dúas sinais. Algúns meses despois desa afirmación volveuse a comprobar e segue sen existír ningún aviso en todo o exterior da sucursal.

Nesta oficina tamén se resentou unha solicitude de acceso ás imaxes gravadas e que foi rexeitada por NGB afirmando que ten prohibido facilitar ese dereito. Máis, por outro lado, afirma que dispón de carteis onde se informa de onde exercitar os dereitos recollido na LOPD.

Rúa Sánchez Freire


Nesta sucursal de NGB pódese observar tres cámaras exteriores ubicadas en dúa fachadas. En principio non se puido comprobar si as cámaras enfocaban á vía pública e NGB afirma que son fixas e non dispoñen de Zoom. As irregularidades apreciadas nesta sucursal son dúas:
  • A negativa a facilitar o dereito de acceso, rectificación e cancelación
  • Deficiente información de zona videovixiada. Ainda que NGB afirma que dispón de sinal na fachada, non se encontrou ningunha, sendo a fachada onde non está a entrada a sucusal a que máis vulneraría a normativa vixente.
Rúa Paxonal 


Video da fachada sin avisos

Outra sucursal de NGB onde se pode observar unha cámara que enfocaba á vía pública. Esta cámara foi manipulada despois de que se denunciara a súa ubicación. NGB afirma que a cámara non ten capacidade de movimento ni zoom. Sin embargo captouse unha foto da cámara enfocando á vía pública (foto 8) que, de ser certas as afirmación do NGB, significaria que as cámaras enfocan continuamente á vía pública (foto 9). As irregularidades apreciadas nesta sucursal son tres:
  • A negativa a facilitar o dereito de acceso, rectificación e cancelación
  • Deficiente información de zona videovixiada. Ainda que NGB afirma que dispón de sinal na fachada, non se encontrou ningunha. (video axunto)
  • A cámara enfocaba á vía pública.

Rúa Santiago de Chile



Sucursal con tres cámaras no exterior en tres paredes sin carteis de zona vieovixiada onde os transeuntes non teñen forma de saber que están sendo gravados en polo menos dúas. Esta sucural tamén negou o dereito de acceso as imaxes gravadas polas súas cámaras.

Rúa Frai Rosendo Salvado

Esta sucursal xa non existe. Dispuña de tres cámaras no exterior enfocando a tres fachadas. Cómo na Sucursal de Santiago de Chile, os transeuntes non tiña forma de saber que estaban sendo gravados. Tampouco facilitou o dereito de acceso ás imaxes gravadas polas videocámaras.



Rúa de Concheiros
Antiga Caixa Galicia
 

 Video da Fachada sin avisos de videovixiancia

Esta é outra das sucursais onde se podía apreciar de forma máis abraiante como NGB grava a vía pública e ademais minte á hora de aclarar a situación das mesmas. Esta sucursal, que xa non existe, dispuña dunha cámara que enfoca á fachada (como se pode comprobar nas fotos 7 e 8) e movíase para enfocar a vía pública (como se pode comprobar na foto de 1 a 3), sin embargo nas investigación realizadas NGB afirmou que a cámara era FIXA.

Informe da empresa instaladora afirmando que as cámaras son fixas
Para aportar máis probas sobre a dirección na que gravaba a cámara solicitouse o dereito de acceso e pediuse a AGPD que paralizara o proceso de borración de gravacións pero que non se perdera as imaxes. NGB negou o dereito de acceso e a AGPD negouse a pedir que non se borraran as imaxes para comprobar a ilegalidade. Nunha denuncia a AGPD incluso puxo en dúbida que as fotos fosen da sucursal denunciada e puxo en dúbida a información facilitada polo denunciante. A AGPD ademais negouse, nun principio, a investigar alegando que se podería facer un dano á imaxe da entidade. Todo iso pouco despois de sancionar a SGAE polo menos motivo, e que fora denunciada cos mesmos medios de proba.
AGPD négase a iniciar investigación.
AGPD pondo en dúbida a veracidade da denuncia e afirmando que só se presentaba unha foto como proba


A AGPD afirmou que "Los soportes destinados a la grabación de imágenes han de estar protegidos contra robo, y la entidad de ahorro ode crédito deberá conservar los soportes con las imágenes grabadas durante quince días al menos desde la fecha de la grabación, en que estarán exclusivamente adisposición de las autoridades judiciales y de las dependencias de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad, a las que facilitarán inmediatamente aquellas que se refieran a la comisión de hechos delictivos. " Sin embargo non explica porque os responsables de seguridade de NGB teñen acceso as imaxes cando, segundo afirman, a lei non lle inclúe entre as persoas que poden consultar as gravacións.

Antiga Caixanova


Nesta sucursal, antes de de Caixanova, solicitouse o dereito de acceso ás imaxes do interior e do exterior sin que NGB facilitara o exercicio do dereito. A cámara interior está enfocada directamente á entrada e gravando a vía pública, algo soamente permitido aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Ademais non consta avisos de zona videovixiada na fachada. 

Rúa Santiago de Guayaquil





Nesta sucursal a cámara permite a visualización da vía pública, non hai ningún aviso de zona videovixiada na fachada e o que hai na entrada sucursal pasa completamente desapercibido.




 
Rúa Galeras


Outra sucursal que conta con varias cámaras en distintas fachadas e ningunha avertencia de zona videovxiada.

Porta do Camiño


Sucursal con varias cámaras no exterior en catro paredes sin carteis de zona vieovixiada onde os transeuntes non teñen coñecemento de que están sendo gravados. Zona con moita fluencia de cidadáns.

Rúa do Franco


Sucursal con dúas cámaras de videovixiancia, unha delas enfoca á farmacia que está do outro lado da rúa. Non conta con avisos de zona videovixiada na fachada. É unha zona de moito tránsito.

 Praza Roxa


Outra sucursal con varias cámaras no seu exterior gravando unha das zonas máis transitadas de Santiago de Compostela. Non conta con aviso de zona videovxiada na fachada.



Rúa Rosalía de Castro
Esta sucursal de NGB tampouco conta con ningún aviso de zona videovixiada na fachada.

 





Centro de Estudos Caixa Galicia


A pesar de que NGB busca xustificar a instalación de cámaras de videovixiancia en base a unha suposta obligación legal derivada das actividades derivadas de ser unha entidade de crédito, non se explica a xustificación para que o Centro de Estudos de Caixa Galicia conte cun destes dispositivos ao non ser unha sucursal bancaria. Aquí tampouco consta sinal algunha de zona videovixiada.


Fundación Caixa Galicia

A Fundación Caixa Galicia é outro establecimento de Nova Galicia Banco que non realiza actividades relacionados coa entidade crédito máis tamén dispón dunha cámara de videovixiancia no exterior sin que exista aviso algún de que é unha zona videovixiada.



Centro de informática de López Mora


O edificio onde está ubicaco o Centro de informática da antiga Caixanova instalaou cámaras de videovixiancia estilo domo no tellado. Estas cámaras tiñan ampla capacidade de visionado e enfocabana aos edificios de veciños colindantes. Tras a denuncia dun deses veciños o MpDC remitiu escrito a Caixanova e á AGPD. A día de hoxe a entidade tapou parte do campo de visión das cámaras con cinta vermella. Sin embargo o MpDC pudo comprobar cómo, polo menos, na cámara da entrada (fotos 1 e 2) de vehículos ao edificio a cámara instalada sesgue mantendo un espazo entra as cintas vermellas que permite o visionado da vía pública (foto 3)

Rúa Nova



7 cámaras de videovixiancia instaladas en dúas fachadas. Esta é a dirección onde se supón que se pode exercer o dereito de acceso que logo NGB afirma que non ten porque facilitar. Unha das fachadas conta con dúas cámaras e ningunha advertencia de que se grava.

Cacheiras


NGB mantén unha cámara de videovixia que enfoca aos soportais do edificio ( foto 2) onde está instalada e sin que conste sinal de zona videovixiada na súa fachada (fotos de 5, 7 e 8). Hai unha na entrada da sucursal (foto 6) e que non permitiría ás persoas en tránsito polos soportais ter coñecemento de que é zona videovixiada e, polo tanto, "autorizar" a gravación.

Casalonga


Unha sucursal de NGB con tres cámaras de videovixiancia que non impediron un roubo en agosto do 2010 , outro uns meses antes en maio do 2007. Esta sucural suma na súa historia con 4 butróns, 3 atracos, un intento de secuestro e un secuestro consolidade.


Evidentemente non cumple co principio de idoneidade ao non evitar os roubos mentres as súas cámaras gravan a vida diaria dos veciños da zona.

Non hai ningunha sinal de zona videovixiada na súa fachada.

Praza de Valentín García Escudero | Pontevedra

Unha das poucas sucursais onde non se puido comprobar como a cámara realmente enfocaba á fachada do edificio. Sin embargo non consta aviso de zona videoviada e pódese comprobar como as cámaras non cumplen co principio de idoneidade ao existir pintadas na fachada o edificio





Cangas
 
 
NGB instalou catro cámaras na súa oficina central de Cangas despois das protestas realizadas polos veciños e veciñas en contra das preferentes. Esta medida creou un profundo malestar na veciñanza. As cámaras semellan enfocar á fachada, ainda que non informan de que é zona videovixiada.



Verín
Unha sucursal sin cámaras de videovixiancia no seu exterior.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada