Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

IKEA acude a Audiencia Nacional en contra da sanción polas súas cámaras de videovxiancia

Written By Dereitos Civís on 19/11/12 | 11:01

  • Foi sancionada con 40.001€ polas cámaras que ten instaladas no exterior do seu edificioo na Coruña
  • IKEA recoñecera as irregularidades
  • As modficacións realizadas por IKEA para cumplir a normativa non foron comprobadas
  • As cámaras foron instaladas por IDOM e son utilizadas por PROSEGUR.
  • O MpDC non dispón de medios para personarse na Audiencia Nacional
Una ano e cinco meses depois de que se presentara a denuncia, a Axencia Española de Protección de Datos sancionou a IKEA cunha cantidade simbólica pola instalación de cámaras de videovixiancia que graban á vía pública. Foron 40.001€ que a multinacional deberá pagar ao recoñecer que a instalación que realizou vulnera a normativa sobre protección de datos.

Sin embargo IKEA falseou información para evitar outras sancións. Cando se realizou a denuncia non existía ningunha sinal de zona videovixiada en todo o novo edificio da multinacional. Ao preguntar a Axencia Española de Protección de Datos por ese extremo, IKEA presentou fotos de sinais colocadas a posteriori.

As modificacións realizadas por IKEA para cumplir a normativa non convenceron a AXPD e consisten en pixeladas e reorientacións das cámara que poden ser perfectamente reubicada e recolodadas na súa situación inicial e que deron lugar á sanción, motivo polo que o MpDC considera que non existe garantías de que non se volva a incumplir a normativa e por en perigo os dereitos recollidos no titulo I da CE.

A pesar de todo isto, Ikea ven de acudir á Audiencia Nacional en contra da sanción que lle aplicou a AXPD. O MpDC tivo coñecemento deste extremo ao recibir información para personarse perante a Audiencia Naciona. Lamentable o MpDC non dispón de medios suficientes e non poderrá acudir a esa instancia.

0 comentarios:

Publicar un comentario