- 3 anos depois da denuncia, sancionaron á empresa
- A 1º denuncia foi arquivada
- Logo de que o MpDC denunciara o aruqivo en distintos organismo a AGPD inicia outra investigación afirmando que é de oficio
Segundo o escrito remitido polo Congreso dos Diputados, o Ministerio de Xustiza remitiu o seguinte informe: En relación coa petición de investigar se a empresa Editorial Compostela vulnerou a Lei Orgánica de Protección de Datos ao grabar imaxes da vía pública e difundilas, dictouse resolución de 30 de Marzo do 2012 pola que, tras analizar a custión plantexada sancionase á empresa Editorial Compostela con 2.500€.
Ese foi o resultado dunha denuncia que o MpDC presentou e xaneiro do 2009 e que nun primeiro momento non se quixo investigar por parte da AGPD (Axencia Española de Protección de Datos). Logo de varios meses o organismo que vela pola Portección de Datos arquivou a denuncia alegando que non había probas de que se comentera infracción ainda
cando SE LLE REMITIU OS ENLACES Á
DIRECCIÓN WEB ONDE ESTABA COLGADA A FOTO, a dirección do canal de youtube
onde se emitía a noticia e informouse de que foi publicado no xornal impreso e
emitido en televisión.
Sorpreendentemente, e logo de que o MpDC dirixiuse ao Congreso e ao Defensor del Pueblo, a AGPD abre de "OFICIO" unha investigación contra a Editorial Compostela polos baseandose nos indicios remitidos polo MpDC e sanciona á Editorial Compostela pola captación e difusión de imaxes coas súas cámaras de videovixiancia.
A sanción, de 2500€, parece absolutamente insuficientes tendo en conta que IKEA e a SGAE foron sancionados con 40.000€ por instalar incorrectamente as súas cámaras, non chegando a difundir imaxes como fixo a Editorial Compostela.
Resolución: http://www.agpd.es/portalwebAGPD/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2012/common/pdfs/PS-00372-2011_Resolucion-de-fecha-30-03-2012_Art-ii-culo-6-LOPD.pdf
Seguir lendo